Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1999 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso para o outorgamento da concesión da lonxa do porto de Campelo para a prestación do servicio de lonxa.

O presidente, actuando en nome e representación do ente público Portos de Galicia, segundo o artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolveu adxudica-lo concurso aberto para o outorgamento

da concesión da lonxa do porto de Campelo para a prestación do servicio de lonxa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Número do expediente: clave 13-15-98-C-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: outorgamento da concesión das instalacións da lonxa do porto de Campelo para a prestación do servicio de lonxa.

c) Boletín, diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do día 3 de novembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: 282.121 pesetas.

5. Adxudicación.

a) Data: 11-12-1998.

b) Adxudicatario: confrarías de pescadores San Telmo, de Pontevedra; San Andrés de Lourizán e San Gregorio, de Raxó.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe do canon de explotación: 282.121 pesetas.

6. Outras informacións. En cumprimento do disposto no artigo 58 da vixente Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia