Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/67-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. San Rafael II-rúa Tomás A. Alonso 205.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 90 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un punto da L.M.T. B.A.L. 24 entre os CC.TT. Atlántida I e San Rafael, ata o C.T. que se proxecta San Rafael II, na rúa Tomás A. Alonso 205, concello de Vigo, rematando na mesma liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 180 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 5 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra