Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. rúa Jenaro de la Fuente.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 130 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Sárdoma-Colombia, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na rúa Jenaro de la Fuente, concello de Vigo, rematando na mesma liña. C.T. de 1.260 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 540 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 5 de febreiro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra