Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/59-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. rúa Ramón Nieto 135.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 450 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente de Ramón Nieto ata o C.T. que se proxecta na rúa Ramón Nieto 135, Concello de Vigo. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. Reforma do C.T. existente Ramón Nieto con 3 celas de liña C.M.L.-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 3 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra