Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.134

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1999 pola que se aproban os tipos de xuro máximos que as entidades financeiras aplicarán durante o ano 1999 ós préstamos subvencionados dos convenios en vigor de axuda financeira ás Pemes.

De conformidade cos convenios de colaboración de axuda financeira ás Pemes asinados coas entidades financeiras durante os anos 1990 e 1991, os tipos de xuro dos préstamos subvencionados pola Xunta de Galicia, que se formalizaron ó abeiro dos ditos convenios, serán variables por anos naturais. Para os acollidos ós convenios dos anos 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997 e 1998 estableceuse un sistema de variación do tipo de xuro para exercicios futuros cunha periodicidade semestral.

Así mesmo, a Resolución do 17 de marzo de 1988, da Dirección Xeral de Tributos e Política Financeira (DOG nº 77, do 25 de abril de 1988), dispón que ante a evolución do medio financeiro e a dinámica establecida nas variacións dos tipos de xuro, e co fin de adecua-lo custo dos créditos para os beneficiarios dos préstamos subvencionados ós prezos de mercado de cada ano, a Consellería de Economía

e Facenda, segundo o establecido no texto dos correspondentes convenios de colaboración asinados coas entidades financeiras, fixará dentro do primeiro trimestre de cada ano en curso, os tipos de xuro vixentes para os préstamos de cada convenio.

Visto isto, e de conformidade coas entidades financeiras asinantes dos convenios e en virtude das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Primeiro.-Os tipos de xuro máximo que se aplicarán durante o primeiro semestre do ano 1999 para os préstamos en vigor dos convenios de axuda financeira ás Pemes dos anos 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997 e 1998 serán os seguintes:

-Préstamos do convenio 1992: 6,25%.

-Préstamos do convenio 1993: 5,55%.

-Préstamos do convenio 1994: 5,55%.

-Préstamos do convenio 1995: 5,55%.

-Préstamos do convenio 1996: 5,35%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior ó 1,75, o tipo de xuro que se aplicará será o resultado de lle engadir ó tipo de referencia (3,62) o tipo adicional, redondeando ata a máis próxima vixésima parte do punto.

-Préstamo do convenio 1997: 4,90%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior ó 1,25, o tipo de xuro que se aplicará será o resultado de lle engadir ó tipo de referencia (3,65) o tipo adicional, redondeando ata a máis próxima vixésima parte do punto.

-Préstamos do convenio 1998: 4,90%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior ó 1,25, o tipo de xuro que se aplicará será o resultado de lle engadir ó tipo de referencia (3,65) o tipo adicional, redondeando ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Segundo.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o ano 1999, para os préstamos en vigor dos convenios dos anos 1990 e 1991 serán os seguintes:

-Préstamos do convenio 1990: 8,20%.

-Préstamos do convenio 1991: 8,20%.

Terceiro.-As entidades financeiras deberán comunicarlles ós beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación no tipo de xuro.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1999.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción

Económica