Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.135

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/210/99, interposto pola Asociación de Técnicos Especialistas en Prótese Dental.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso nº 1/210/99, interposto pola Asociación de Técnicos Especialistas en Prótese Dental contra a Orde do 16 de novembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 238, do 10 de decembro), pola que se regula o procedemento e o prazo para solicita-lo certificado de habilitación profesional como protésicos dentais e hixienistas dentais.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos