Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización do camiño de Sa Brais, ó paso superior da estrada nacional 543.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o veinticinco de xaneiro de 1999 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización do camiño de San Brais ó paso superior da estrada nacional 543, formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe do Servicio de Xestión e Disciplina Urbanística Carlos García Velasco, dispoñéndose o seu sometemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do Concello (Rúa Dona Tareixa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 11 de febreiro do 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral