Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADERNE

ANUNCIO de licitación.

A Comisión Municipal de Goberno na sesión de 8 de febreiro de 1999, aprobou o expediente de contratación por medio de concurso con procedemento aberto para a adxudicación das obras incluídas no Plan 2000 de Infraestructuras Anualidade 1999 da Deputación Provincial da Coruña.

O prego de cláusulas económico que rexerá este concurso foi aprobado polo Pleno Provincial do día 20 de maio de 1996, así como a súa modificación puntual en sesión celebrada o 28 de novembro de 1996 (publicados no BOP nº 123, do 30 de maio, e nº 282, do 9 de decembro, respectivamente).

Obxecto e tipo de licitación.

O obxecto do contrato é a execución da obra denominada:

1. Pavimentación camiños na parroquia de Souto.

2. Tipo de licitación: 7.668.975 pesetas.

Prazo de execución.

O prazo de execución será de seis meses contados a partir do día seguinte ó da data de sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Fianza provisional.

2% tipo de licitación.

Fianza definitiva.

4% do importe da adxudicación.

Lugar e prazo de presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello de 9 a 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o día da publicación do anuncio no BOP e no DOG.

Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase sábado trasladarase ó día seguinte hábil.

Modelo de proposición e documentación.

D/Dª ... con domicilio en ..., Telf. ... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número ..., actuando no seu nome (ou en representación de ..., con DNI ... e con domicilio en ..., Telf. ...) participa no concurso con procedemento aberto para a adxudicación das obras comprendidas no proxecto de ... para os efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de ... ptas., que significa unha baixa de ... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

..., ... de ... de 1999.

O licitador (asinado e rubricado)

As proposicións irán acompañadas da documentación esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas aprobado para a contratación destas obras mediante concurso con procedemento aberto.

Paderne, 17 de febreiro de 1999.

José Luis Pico Espiñeira

Alcalde presidente