Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente por resolución da alcaldía de data de hoxe o proxecto de ampliación de urbanización nas Cardosas, promovido por Estrella Rodríguez Couñago en representación de Promociones Rodríguez y Couñago de Redondela, S.L. e redactado polo enxeñeiro de camiños Alberto Moreno García, sométese a información pública por prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando o expediente á disposición de quen queira examinalo.

Redondela, 4 de febreiro de 1999.

Amado Ricón Virulegio

Alcalde