Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución dos expedientes P-237/97 e P-236/98, incoados por infracción da Lei de pesca fluvial e devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

ANEXO

-Expediente Nº: P-237/97.

Denunciado: Noceda, S.L.

NIF: B-27160167.

Enderezo: Marina Española, 16, entreplanta, Lugo.

Feito denunciado: entorpece-la servidume de paso de policía con entullo, na marxe dereita do río Navia, sendo susceptibles de ser arrastrados polas augas ou polas chuvias, e augas arriba entorpece con dous piares de cemento. Feitos constatados o día 13-9-1997 na ponte de S. Martiño da Ribeira-Cervantes.

Precepto sancionador: 35.10º e 34.27º da Lei 7/1992.

Sanción: 600.000 pesetas de multa.

-Expediente Nº: P-236/98.

Denunciado: Vicente Sánchez Feijóo.

NIF: 44.477.214-K.

Enderezo: lugar Casixoba, 37-Velle, Ourense.

Feito denunciado: pescar cebando as augas con fins de pesca, empregando penso composto, o día 11-11-98, no río Miño-encoro de Belesar, Sabadelle-Chantada.

Precepto sancionador: 34.14º da Lei 7/1992.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade desde que a resolución sexa firme por período dun ano.

Lugo, 26 de xaneiro de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo