Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente P-65/98, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario

ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa de Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

ANEXO

-Expediente nº: P-65/98.

Denunciado: Marco Antonio Vigo Platas.

DNI: 33.336.773

Enderezo: Avda. da Coruña, 148-2º-Lugo.

Feito denunciado: non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Orde do 14-1-1998, ó capturar unha troita de tamaño inferior ó regulamentario (17 cm), o día 29-3-1998, no couto da Pobra-río Neira-Páramo.

Precepto sancionador: artigo 33.9º da Lei 7/1992.

Cualificación: leve.

Sanción: 10.000 ptas. de multa e 3.000 ptas. de indemnización por danos e perdas.

Lugo, 26 de xaneiro de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo