Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación dunha asistencia técnica para a producción dunha serie de microespacios audiovisuais destinada á concienciación ambiental en televisión.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: elaboración de 12 microespacios de 1 minuto e 12 recordatorios de 20 segundos de contido ambiental para a súa difusión en vídeo e en televisión.

2.2. Prazo de execución: tres meses e medio.

3. Orzamento base licitación.

Importe total: 14.000.000 de ptas., IVE incluído.

4. Fianza provisional.

2% do orzamento da contrata (280.000 pesetas).

5. Fianza definitiva.

4% do orzamento da contrata (560.000 pesetas).

6. Documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e Cód. postal: Santiago de Compostela 15704.

d) Teléfono: 981 54 17 49.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

7.1. Data límite da presentación: as 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

7.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas.

7.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e Códg. postal: Santiago de Compostela 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o último día de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente