Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.094

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1999 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos das prazas de profesorado desta universidade 1582 e 1611/1998.

En cumprimento do disposto no artiog 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do día 1 de xullo de 1998 (BOE do 21 de xullo) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1999.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: didáctica da matemática.

Praza nº: 1582/1998.

Comisión titular:

Presidente: Luis Rico Romero, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Vocal secretaria: M. del Carmen Batanero Bernabeu, profesora titular de universidade. Universidade de Granada.

Vocais:

José María Fortuny Aymeni, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Carmen Azcárate Giménez, profesora titular de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Antonio Estepa Castro, profesor titular de universidade. Universidade de Jaén.

Comisión suplente:

Presidente: Juan Manuel Viaño Rey, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretaria: Candela Espinel Febles, profesora titular de universidade. Universidade da Laguna.

Vocais:

Salvador Llinares Ciscar, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

M. Luisa Fiol Mora, profesora titular de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Jordi Deulofeu Piquet, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: ecoloxía.

Praza nº: 1611/1998.

Comisión titular:

Presidente: Alejo Carballeira Ocaña, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretaria: Carmen García Ple, catedrática de escola universitaria. Universidade de Estremadura.

Vocais:

Jesús Pozo Martínez, catedrático de universidade. Universidade do País Vasco.

Juan Eduardo Fernández Haeger, catedrático de universidade. Universidade de Córdoba.

Begoña Peco Vázquez, catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Joan Domenec Ros Aragonés, catedrático de universidade. Universidade Central de Barcelona.

Vocal secretaria: Margarita Basanta Alves, profesora titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

José Ángel Merino Ortega, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Luis Ramírez Díaz, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Emma Orive Aguirre, catedrática de universidade. Universidade do País Vasco.