Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 17 de marzo de 1999 Páx. 3.094

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais, de conformidade co punto terceiro da Resolución do 30 de novembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia número 238, do 10 de decembro).

Publicada a Resolución do 30 de novembro de 1998 (DOG nº 238, do 10 de decembro) relativa á publicación das listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala de axentes forestais (grupo D), e unha vez rematado o prazo previsto no punto terceiro da citada resolución, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas por parte da comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios na súa sesión celebrada o 2 de marzo de 1999, unha vez elevada a correspondente proposta, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez corrixidos os erros materiais constatados, as listas para a cobertura con carácter temporal para o nomeamento de persoal interino de postos de traballo reservados a funcionarios correspondentes ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais, da forma que a continuación se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión das causas de exclusión.

Anexo III: figuran os solicitantes non admitidos, en aplicación do previsto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 13 de agosto de 1998 (DOG nº 152, do 4 de agosto).

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para os efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas, de luns a venres, e de 9 a 14 horas os sábados.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública