Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (74/1998).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria, celebrada con data do 28 de xaneiro de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente por instancia de Urbanización A Saínza, S.L. representada por José Vila Rejo, o proxecto de urbanización da rúa Nova apertura paralela a Avda. de Zamora do PXOU de Ouren

se, coas condicións sinaladas polo servicio eléctrico con data do 4 de novembro de 1998.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte á presente publicación.

No obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros que así o crera conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puideran concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 3 de febreiro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente