Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARNOTA

ANUNCIO.

Este concello fai pública a seguinte convocatoria:

Obxecto: elección do xuíz de paz titular e substituto, do Xulgado de Paz de Carnota.

Prazo de presentación de solicitudes: vinte días naturais contados desde a publicación do presente anuncio, nas dependencias municipais, dentro do horario de 9 a 14 horas.

Condición que deben reuni-los solicitantes: ser español, maior de idade e non estar incurso en causa de incapacidade e incompatibilidade das previstas nos artigos 303 e 389 da vixente Lei orgánica do poder xudicial.

Documentación:

-Fotocopia autentificada do DNI.

-Certificación do Rexitro Xeral de Penados e Rebeldes e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980.

-Xustificante dos méritos que, se é o caso, alegue o solicitante,

Carnota, 8 de febreiro do 1999.

Manuel S. Brea Beiro

Alcalde en funcións