Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (86/1998).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 11 de decembro de 1998, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1º) Aprobar inicialmente o estudio de detalle presentado por Benito Freijedo González de modificación de rasante nun tramo da urbanización prevista no proxecto básico e de execución da urbanización da rúa s/n na Lonia.

2º) Somete-lo expediente a información pública en conformidade co Art. 44 da Lei de Galicia 1/1997.

De conformidade co disposto no Art. 44.3º da Lei 1/1997, do 24 do marzo de 1997, do solo de Galicia, sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no DOG, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no Art. 59 da Lei 30/ 1992, de 26 de novembro.

Ourense, 12 de febrero de 1999.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente