Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 19 de febreiro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso ordinario interposto contra a resolución do delegado provincial de Ourense, desta concellería, do 13 de xaneiro de 1998.

Con data do 16 de decembro de 1998, o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais dictou resolución pola que se resolve o recurso ordinario interposto por Rosa Rodríguez Vázquez contra a resolución do delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Ourense con data do 13 de xaneiro de 1998.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle a Rosa Rodríguez Vázquez, propietaria do establecemento café bar Lovíos, para que poida ter coñecemento dela, constando nos locais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Secretaría Xeral, Subdirección Xeral de Réxime Administrativo (edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, 15704 Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación da presente cédula no DOG.

Transcorrido o dito prazo sen que compareza a interesada, farase efectiva a resolución do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais do 13 de xaneiro de 1998.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1999.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais.