Con data do 23 de decembro de 1998 o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais dictou resolución pola que se resolve o recurso ordinario interposto por Juan Carlos González Fernández, contra a Resolución do delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Ourense con data do 2 de febreiro de 1998.
Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle a Juan Carlos González Fernández, propietario do establecemento Restaurante Pizzería Rappiz, para que poida ter coñecemento dela, que consta nos locais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Secretaría Xeral, Subdirección Xeral de Réxime Administrativo (edificio administrativo San Caetano, bloque 2.2º, 15704) Santiago de Compostela, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación da presente cédula no DOG.
Transcorrido o dito prazo sen que compareza o interesado, farase efectiva a resolución do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais do 2 de febreiro de 1998.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1999.
Manuel Antonio Silva Romero
Secretario xeral da Consellería de Sanidade
e Servicios Sociais