Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a do expediente sancionador S-42/1998, contra Dolores Rego Pena.

De conformidade co disposto no artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 27 novembro), faise pública a resolución do expediente sancionador que se indica e que se segue nesta Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais contra a presunta infractora que no anexo se sinala, xa que, intentada a notificación desta no último domicilio coñecido, esta non se puido practicar (devolta pola oficina de correos por troco de domicilio).

O correspondente expediente figura á disposición da interesada para coñecemento íntegro e constancia do mencionado acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, co enderezo no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, Ronda da Muralla, nº 70.

Esta resolución leva consigo unha sanción de vintecinco mil pesetas (25.000 pts.) á infractora que se sinala no anexo, dispoñendo dun prazo dun mes para efectua-lo pagamento contado desde o día seguinte á publicación desta notificación. De non efectuarse o pagamento dentro do dito prazo, e no suposto de que non faga uso do seu dereito a recorrer, procederase, sen máis trámite, á súa exacción por vía de constrinximento.

O pagamento efectuarase mediante transferencia bancaria á Xunta de Galicia, conta restrinxida da Consellería de Sanidade e de Servicios Sociais: Recadacións de Multas e Sancións, con número de conta 0182-5947-01-14017-9 da Sucursal Institucional do Banco Bilbao Vizcaya, co enderezo en Santiago de Compostela.

ANEXO

Expediente: S-42/98.

1. Denunciado: María Dolores Rego Pena DNI 76.392.330.

2. Último domicilio coñecido: r/ Eugenio López, nº 15 de Ortigueira. A Coruña.

3. Feitos imputados: o día 15 de agosto de 1998, na estrada C-642 pk 62, membros da guarda civil do Posto do Vicedo procederon a identifica-lo vehículo, tipo furgoneta, matrícula C-0806-AN, onde Mª Dolores Rego Pena, transportaba entre outros peixes, 25 kg de faneca sen guía, factura ou documentación que acreditara a súa procedencia, e co correspondente carné de manipulador de alimentos, o valedoiro para catro anos, expedido no ano 1989.

4. Preceptos infrinxidos: Artigo 35.A).3ª da Lei 14/86, do 25 de abril, xeral de sanidade; artigos 2.1.1 e 2.2 do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigos 1.1.d) e 5 do Decreto 157/1985, do 11 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; artigo 3.1º.7 do Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da

acuicultura (modificado polo Real decreto 1840/1997, do 5 de decembro); artigos 17.2º e 23.2º do Decreto 419/1993, do 17 de decembro, da Xunta de Galicia, polo que se refunde a normativa vixente sobre descarga e primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco; artigo 4.1º do Decreto 239/1986, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos.

5. Cualificación das infraccións: leve.

6. Sanción proposta: 25.000 ptas.

7. Recurso procedente: recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais no prazo dun mes, desde a publicación desta resolución.

Lugo, 23 de febreiro de 1999.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo