Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 18 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador, referencia Secretaría 224/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de inicio de expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora), dispón dun prazo de 10 días para presentar alegacións, no caso de non presentalas e con base no artigo 13.2º do devandito R.D. 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente: Secretaría 224/1998.

Denunciado: Suárez Vázquez, Javier.

DNI: 76.344.829.

Último enderezo coñecido: García Hermanos, 15 baixo. Betanzos.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: podería chegar ata 500.000 ptas.

A Coruña, 18 de febreiro de 1999.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña