Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, pola que se notifica a do 9 de febreiro de 1999 recaída no expediente sancionador ICA-LU-037/98-F, por infracción na calidade da producción agroalimentaria en materia de fertilizantes, ó resultar devolta polo servicio de correos a notificación feita ó interesado.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administraccións públicas e do procedemento administrativo común, se notifica a Carmen Baranga Ramos con DNI 10.179.938-Z, de acordo co que figura no anexo á presente, a resolución adoptada polo director xeral de Industrias e Alimentación, con data do 9 de febreiro de 1999, no expediente sancionador ICA-LU-037/98-F, xa que intentada a notificación por correo certificado e con xustificante de recepción, esta resultou devolta.

O importe da sanción farase efectiva por transferencia bancaria á conta de Caixa Galicia número 2091-0152-20-3110001158, no prazo de 15 días hábiles contados a partir da firmeza da resolución. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Faise saber que esta resolución no é firme en vía administrativa, polo cal Carmen Baranga Ramos poderá interpoñer contra ela recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1999.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación

ANEXO

Expediente: ICA-LU-037/98-F.

Empresa denunciada: Carmen Baranga Ramos.

CIF/DNI: 10.179.938-Z.

Enderezo: Lg. As Areeiras s/n-Lugo.

Infraccións cometidas: defecto na calidade entre o contido garantido nas etiquetas e o detectado nas análises, desviándose das tolerancias establecidas na normativa no referente ó óxido de calcio, así como a falta de mencións obrigatorias no etiquetado.

Precepto infrinxido: artigo 4 en relación coa letra E do anexo V da Orde do 14 de xuño de 1991 sobre fertilizantes e afíns en canto ó defecto de calidade. Artigo 6 da anterior Orde do 14 de xuño de 1991 en relación cos nº 3 e 4, columnas 5 e 6 do anexo II e punto 3.1.b do anexo VI en canto ó defecto de etiquetado.

Preceptos sancionadores: artigo 7.1º en relación co artigo 10.2º do Real decreto 1945/83, tipificándose

a conducta no artigo 4.3º.2 deste real decreto polo defecto de calidade e artigo 4.2º.5 e 10.1º respectivamente do anterior real decreto polo defecto de etiquetado.

Sanción: multa de 250.000 pesetas, resultante de sancionar dúas infraccións por fraude e unha por etiquetado no seu grao mínimo de acordo co artigo 10.2º do Real decreto 1945/1983.