Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 18 de febreiro de 1999, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre os subsidios para a integración de minusválidos da Seguridade Social relacionadas no anexo.

No uso das competencias sobre subsidios para a integración de minusválidos da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto 383/1984, do 1 de febreiro e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó seren devoltas polo servicio de correos as resolucións enviadas no seu día, notifícase ós citados no anexo a resolución dictada en relación co seu expediente de pensión non contributiva pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Contra esta resolución poderá interpoñer reclamación previa á vía da xurisdicción laboral ante esta delegación provincial dentro dos trinta días

seguintes ó da data na que se publique este edicto, conforme o disposto no artigo 71 do texto refundido da Lei de procedemento laboral, aprobado por Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Vigo, 18 de febreiro de 1999.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: Dolores García Pereira.

DNI: 35.526.490.

Resolución: notificación de extinción.

Causa: beneficiario dunha pensión incompatible.

Fundamento de dereito: R.D. 383/1984.

Cantidade que hai que reintegrar: 74.805.