Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. en Paraxuá e Pedrachantada, concello de Samos, e da declaración de súa utilidade pública. (Expediente 14/1998).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de

instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo o plan MEGA.

c) Trazado datos básicos e emprazamento: liña aérea de media tensión 20 kV a C.T. de Pedrachantada, orixe na L.M.T., a Sarria-Samos, e final no C.T. de Pedrachantada, cunha lonxitude de 0,253 km, conductor LA-56/54,6 mm, apoios de formigón. Centro de transformación en Pedrachantada, de 50 kVA 20.000/380-220. Liña de baixa tensión aérea en Paraxuá, orixe no C.T. de Paraxuá, de 2,135 km de lonxitude, apoios de formigón, en conductores R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al+54,6 Alm, R.Z.-0,6/1 kV-3x50 Al+54,6 Alm, R.Z.-0,6/1 kV-3x25 Al+54,6 Alm, R.Z.-0,6/1 kV-2x25 Al. Liña de baixa tensión aérea en Pedrachantada, orixe no C.T. de Pedrachantada, de 0,9 km de lonxitude en conductores R.Z.-0,6/1 kV-2x25 Al, R.Z.-0,6/1 kV-3x25 Al+54,6 Alm, R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al+54,6 Alm. Apoios de formigón.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 40/1997, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións, que, segundo o sinalado no artigo 53, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan todólos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 40/1994 e no que non se opoñan a ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa de sancións en materia de instalación eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial (edificio admistrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo), e formular a el as reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñocidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan

destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 11 de febreiro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 14/98. Provincia: Lugo.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Paraxuá-Pedra Chantada.Termo municipal: Samos.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1HortaPradoCarlos Pomares LópezPedrachantada

27620 Samos

1143430