Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede á Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Automóviles de Lugo a cualificación de entidade recoñecida para imparti-la formación de profesionais do sector de automóbiles.

Vista a solicitude presentada por Luis Abelleira Mayor en representación de Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Automóviles de Lugo e a documentación anexa, na que se solicita que lle sexa concedida a cualificación de entidade recoñecida para imparti-la formación de profesionais do sector de automóbiles.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos no artigo 4.bis do Decreto 206/1994, do 16 de xuño, polo que se adapta a normativa vixente en materia de prestación de servicios nos talleres de reparación de vehículos e dos seus equipamentos e compoñentes, modificado polo Decreto 347/1998, do 20 de novembro.

Esta Dirección Xeral de Industria

RESOLVE:

Outorgarlle á Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Automóbiles de Lugo a cualificación de entidade recoñecida para imparti-la formación de profesionais do sector de automóbiles e inscribila no Rexistro Especial de Entidades Acreditadas para iso.

Para imparti-la formación, presentará perante a delegación provincial de industria e comercio da provincia correspondente, fotocopia da presente resolución, táboa de tarifas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control, presentará nas delegacións provinciais de industria e comercio onde exerza a súa actividade, unha memoria anual de actuacións e nesta dirección xeral un resumo delas na Comunidade Autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós 2 anos, para o que acreditará perante esta Dirección Xeral de Industria e Comercio, o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria