Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a ampliación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Feiraco, S.C.L., no municipio de Ames, provincia da Coruña. (Expediente 18790).

Examinado o expediente instruído por instancias da empresa Feiraco, S.C.L., con domicilio para efec

tos de notificacións en Ponte Maceira, s/n, Negreira (A Coruña), resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data 19 de setembro de 1996, esta dirección xeral resolveu autorizar administrativamente á empresa Feiraco, S.C.L. a construcción dunha planta de coxeración de 2.300 kW de potencia nas súas instalacións do termo municipal de Ames (A Coruña) e incluíla no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables.

Segundo.-Con data 11 de febreiro de 1998, esta dirección xeral resolveu recoñece-lo réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo citado R.D. 2366/1994, á ampliación da mencionada planta en 5.000 kW, entendéndose incluída esta ampliación no réxime establecido polo R.D. 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración, nos termos que dispón o punto 3 do artigo 2 de dito texto normativo.

Terceiro.-Con data 1 de xullo de 1998, a empresa Feiraco, S.C.L. solicita a autorización administrativa da referida planta de coxeración, coas características básicas seguintes:

-Dous motores, de 3.788 kW c/u, alimentados por gas natural; dous xeradores síncronos trifásicos, de 3.655 kW c/u, cunha tensión de xeración de 6kV.

-Dous transformadores de 4,5 MVA c/u, relación de transformación 6/66 kV.

-Instalacións complementarias de aproveitamento de calor, de baixa tensión, regulación, control e interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora.

Cuarto.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtud do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 13 de agosto de 1998 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 1-9-1998 e no BOP da Coruña do 31-8-1998, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso ningunha alegación.

Quinto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña e cumple coas esixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decre-

to 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Autoriza-la ampliación da planta de coxeración á empresa Feiraco, S.C.L., que se situará nas súas instalacións do termo municipal de Ames, na provincia da Coruña.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá solicitar desta dirección xeral a adscrición da ampliación desta a algún dos grupos definidos no artigo 2.1º do R.D. 2818/1998 e realiza-la súa inscrición definitiva no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do referido R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da de dita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria e Comercio