Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 16 de marzo de 1999 Páx. 3.021

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/387-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Policlínico de Vigo, S.A. (Povisa).

Domicilio social: Salamanca, 5, 36000 Vigo.

Denominación: central de coxeración na rúa Salamanca, 5.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: grupo motoxerador, motor 1.513 kW gasóleo, alternador de 1.750 kVA, 400 V. Trafo principal de 2.000 kVA e trafo auxiliar de 160 kVA. Caldeira recuperación calor gases 701 kW. Aparellos de alta tensión. Equipos de control, regulación e protección. Situada na rúa Salamanca, 5, concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 2 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra