Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

A Asemblea Intermunicipal da Mancomunidade de Municipios da Área da Coruña, en sesión celebrada o día 28 de xaneiro de 1999, aprobou o convenio regulador da encomenda de xestión realizada ó Concello de Oleiros para a tramitación dos proxectos de xestión integral de residuos sólidos urbanos e asimilables (POMAL), sendo o seu texto o seguinte:

Convenio regulador da encomenda de xestión ó Concello de Oleiros, para a tramitación dos proxectos engadidos no Programa Operativo de Medio Ambiente Local (POMAL); a xestión dos fondos para o financiamento e as contratacións pertinentes para a súa execución.

Exposición de motivos:

1. A Mancomunidade de Municipios foi aprobada definitivamente por decreto da Consellería da Presidencia nº 153/1983, do 11-10-1983 e publicado no Diario Oficial de Galicia do 21-11-1983.

Nembargantes, esta entidade non ten orzamento nin facenda propia. Isto explica que por acordo da Asemblea Intermunicipal da Mancomunidade de Municipios da Área da Coruña, en sesión extraordinaria celebrada o día 17 de novembro de 1998, acorda:

*Aproba-lo proxecto modificado denominado: Xestión Integral de Residuos Sólidos Urbanos e Asimilables, redactado por Lagares Ingeniería, cun orzamento total de mil setenta e cinco millóns de

pesetas (1.075.000.000 de ptas.), segundo o resumo modificado do proxecto orixinal, constituído e conformado polos subprogramas seguintes:

-Motivación social e sensibilización cidadá.

Orzamento: 81.500.000 ptas.

-Dotación de medios para implanta-la recollida selectiva de residuos sólidos urbanos.

Orzamento: 993.500.000 ptas.

*Confirma-la intención de executa-lo proxecto e acepta-lo seu financiamento do seguinte xeito:

-70% con cargo a axudas do POMAL.

-30% con cargo ás achegas dos concellos da mancomunidade que participen nel e, en proporción ó seu número de habitantes segundo censo de 1991.

*Encomendarlle ó Concello de Oleiros a tramitación do proxecto, a xestión dos fondos para o financiamento total seu e as contratacións que sexan pertinentes para a execución dos proxectos: dentro dos termos establecidos no artigo 15 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O Concello de Oleiros, en sesión plenaria celebrada o día 4 de decembro de 1998, adopta acordo de aceptación da referida encomenda de xestión.

2. A encomenda de xestión vén regulada no artigo 15 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que a define como: a realización de actividades de carácter material, técnico ou de servicios das competencias dos órganos administrativos ou entidades de dereito público poderán ser encomendadas a outros órganos ou entidades da mesma ou de distinta Administración, por razóns de eficacia ou cando non se posúan os medios técnicos idóneos para o seu desempeño.

De conformidade cos puntos 3 e 4 do devandito artigo 15º, cando a encomenda de xestión se realice entre entidades de distintas administracións públicas formalizarase mediante a sinatura do correspondente convenio, no que se incluirá alomenos, a expresa mención da actividade ou actividades as que afecta, o prazo de vixencia e a natureza e alcance da xestión encomendada. En todo caso, o intento de formalización da encomenda de xestión e a súa resolución deberá ser publicada para a súa eficacia no diario oficial correspondente.

3. A aceptación da encomenda de xestión por parte do Concello de Oleiros supón concretamente a adopción de acordos por parte dos órganos municipais, a modificación orzamentaria para instrumenta-la recepción das achegas correspondentes ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e as achegas de cada un dos municipios integrantes da mancomunidade, a tramitación administrativa dos expedientes nos que se materializará o investimento de acordo cos diversos subprogramas do proxecto integral de residuos sólidos urbanos e asimilables, apertura de contas municipais afectadas á xestión o proxecto POMAL, contabilización de ingresos e gastos, rendición de contas ante a Comisión Europea e ante a propia mancomunidade.

En definitiva a encomenda de xestión como instrumento xurídico para a execución do proxecto, implica o exercicio de atribucións por parte dos órganos políticos e administrativos do Concello de Oleiros, que debe ser obxecto de amparo ou apoio por parte da Asemblea Intermunicipal da Mancomunidade de Municipios, que é o órgano encomendante.

Para o efecto de regula-las relacións entre a Mancomunidade de Municipios e o Concello de Oleiros, como órgano encomendado, establécese que a encomenda de xestión se baseará nas seguintes:

CLÁUSULAS

Capítulo I

Do obxecto do presente convenio

Artigo 1º.-O obxecto do presente convenio é regula-la encomenda de xestión realizada pola Asemblea Intermunicipal da Mancomunidade de Municipios da Área da Coruña, na sesión, do 27 de novembro de 1998, para a tramitación do proxecto denominado Xestión integral de residuos sólidos urbanos e asimilables, a favor do Concello de Oleiros, nos termos da súa aceptación en sesión plenaria do 4 de decembro de 1998.

Artigo 2º.-O Concello de Oleiros empregará a súa estructura persoal-administrativa para a xestión do proxecto e a execución de cantas actuacións administrativas sexan necesarias para materializalo.

Artigo 3º.-A instrumentación desde unha óptica económica-orzamentaria da encomenda de xestión, realizarase a través da correspondente modificación orzamentaria do orzamento municipal do Concello de Oleiros para o ano 1999, tal como se regula no capítulo III deste convenio.

Para o efecto procedeuse á apertura dunha conta bancaria na entidade financeira Caixa Galicia, coa denominación de Mancomunidade de Municipios. Encomenda Xestión. POMAL. Nesta conta admitiranse todo tipo de ingresos, fixando para efectos de ordenación de pagamentos, por imperativo legal, as tres sinaturas con carácter mancomundo, alcadesa-presidenta, interventor municipal e tesoureiro municipal.

A apertura da dita conta foi notificada á Dirección Xeral do Tesouro e Política Financeira e á Subdirección Xeral de Administración do FEDER, para efectos de realización da proposta de transferencia dos fondos.

Artigo 4º.-A execución dos subprogramas comprensivos do proxecto realizaranse a través dos correspondentes expedientes de contratación administrativa, de conformidade coa Lei de contratos das administracións públicas 13/1995, do 18 de maio, e a normtiva concordante. Así mesmo contrataranse as asistencias técnicas necesarias para a elaboración de pregos de condicións, asesoramento á mesa de contratación, redacción dos informes periódicos a remitir á Subdirección Xeral dos Fondos FEDER, ata o remate do programa, etc.

Artigo 5º.-Garántese a participación dos representantes dos municipios integrantes nos procesos de contratación para a execución dos subprogramas comprensivos do proxecto, a través da configuración da mesa de contratación, tal como se regula no artigo 7º deste convenio.

Capítulo II

Organización e funcionamento

Artigo 6º.-Respecto ás competencias necesarias para a execución dos subprogramas, esta será exercida pola alcaldesa-presidenta do Concello de Oleiros e polo Pleno Municipal de conformidade á Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, Lei de Administración local de Galicia, Regulamento orgánico municipal e Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, a excepción do establecido no seguinte artigo, respecto á mesa de contratación.

Artigo 7º.-A mesa de contratación, que ten os cometidos establecidos no artigo 82 da Lei de contratos das administracións públicas, para procedementos contractuais que se tramiten para efectos de xestión do programa, estará constituída por:

-Presidenta: alcaldesa do Concello de Oleiros.

-Vocais:

*Un representante por cada municipio integrante da mancomunidade.

*Un representante da empresa adxudicataria do contrato de consultoría e asistencia.

*Interventor do Concello de Oleiros.

*Secretario do Concello de Oleiros, quen realizará tamén a función de secretario da mesa de contratación.

A mesa de contratación poderá requirir dos servicios técnicos municipais, antes de formula-la proposta, cantos informes técnicos considere precisos e se relacionen co obxecto do contrato.

A representación por cada municipio da mancomunidade, corresponderalle ó seu alcalde, quen poderá delegar para cada reunión no concelleiro que estime oportuno. A alcaldesa-presidenta poderá delegar nun concelleiro do Concello de Oleiros.

A mesa de contratación asistirá o órgano de contratación en cantas cuestións e incidencias xurdan na execución dos contratos.

A proposta de adxudicación que se eleve ó Pleno do Concello de Oleiros será a da mesa de contratación.

Artigo 8º.-A Comisión de Residuos Sólidos e de Medio Ambiente da Mancomunidade de Municipios da Área da Coruña funcionará como mesa de traballo, para o asesoramento e dictame das actuacións que haxa que realizar para a xestión do programa.

A presidenta desta comisión corresponderá á alcaldesa-presidenta do Concello de Oleiros.

Co fin de garantir un funcionamento áxil dela as notificacións ós seus membros poderán realizarse telefonicamente ou por fax.

A convocatoria efectuarase cun mínimo de corenta e oito horas de antelación á celebración da reunión.

Está constituída polos alcaldes de cada un dos municipios integrantes da mancomunidade, ou concelleiro en quen delegue. Actúa de secretario da comisión, cando se reúna en materia do proxecto de xestión integral de residuos sólidos urbanos e asimilables o secretario do Concello de Oleiros.

Artigo 9º.-As funcións inherentes ós cargos de secretario, interventor e tesoureiro, para o desenvolvemento e xestión do programa, serán exercidas polos funcionarios que exerzan estes cargos no Concello de Oleiros.

Artigo 10.-No suposto de que a xuízo da alcaldía-presidencia do Concello de Oleiros, asesorada dos técnicos municipais competentes, fose necesaria para a xestión do programa, a toma de decisión da Asemblea Intermunicipal de Municipios, esta solicitará do presidente da mancomunidade a convocatoria do pleno extraordinario, que deberá celebrarse no prazo máximo de sete días hábiles.

A solicitude irá acompañada da motivación e da documentación íntegra dos asuntos que se propoñen engadir na orde do día.

Artigo 11º.-Correspóndelle á Asemblea Intermunicipal da Mancomunidade de Municipios da Área

da Coruña, (entidade encomendante), controla-la xestión realizada do programa polo Concello de Oleiros (órgano encomendado). Para tales efectos poderá nomear unha comisión paritaria de seguimento, sendo a propia asemblea intermunicipal a que determine a composición e funcións.

Capítulo III

Funanciamento do Programa de Xestión Integral de Residuos Sólidos Urbanos

Artigo 12º.-Para os efectos da execución dos programas incluídos no proxecto de xestión integral de RSU e asimilables, faise preciso determina-la instrumentación financeiro-orzamentaria que vaia realiza-lo ente encomendado, para o que se determina en primeiro lugar a seguinte programación concreta das contratacións que vaia realiza-lo ente encomendado, os seus importes de licitación así como as anualidades da súa execución:

DenominaciónLicitación199920002001

Contrato motivación social e sensibiliación cidadáMaio-199935.000.00023.250.00023.250.000

Contrato asistencia técnica redacción pregos

contedores

Abril-19991.975.000

Contrato asistencia técnica redacción pregos Paruges Rec.Abril-19991.990.000

Contrato asistencia técnica proxecto POMALAbril-19997.200.000

Contratos de Maq. recolectores: camión-guindastre Paq. de reciclaxe. Parques de reciclaxe. Contedores de RSU-vidro-papel. Contedores de RSU-orgánica-inerte e Maq. recolectores-Compactadores, lavado e Des.Maio-1999442.335.000540.000.000

Total de créditos anuais necesarios488.500.000563.250.00023.250.000

En relación co disposto no artigo 4º do presente convenio, e polo que ás contratacións se refire, a excepción dos contratos menores, a forma de adxudicación será, con carácter preferente, o concurso, dadas as especiais características do obxecto delas.

Artigo 13º.-De acordo coa anterior programación das contratacións que se vaian efectuar, e dacordo co establecido no artigo 3º do presente convenio regulador da encomenda de xestión, o Concello de Oleiros procederá á tramitación urxente dun expediente de modificación de créditos, para a concesión de créditos extraordinarios nos seus estados de gastos, para os efectos de dotar de cobertura orzamentaria adecuada e suficiente as contratacións previstas para o exercicio de 1999. O importe global do expediente de modificación de créditos ascenderá á cantidade de catrocentos oitenta e oito millóns cincocentas mil pesetas (488.500.000 ptas.). Polo mesmo, crearase unha sección orzamentaria nova co carácter de programa, baixo a denominación: 4421 proxecto POMAL. Encomenda de xestión mancomunidade de municipios da Coruña, na que se crearán as dúas partidas de gasto seguintes:

PartidaDescriciónCrédito inicial

99.4421.227.09Traballos realizados por outras empresas. Prestación de servicios46.165.000 ptas.

99.4421.627.00Investimento nova Asoc. Func. Op. Servicios. Proxectos complexos442.335.000 ptas.

Total:488.500.00 ptas.

Artigo 14º.-Polo que ó financiamento do dito expediente de modificación de créditos se refire, e de acordo coa Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, e co Real decreto 500/1990, do 20 de abril, esta realizarase conforme os compromisos de achega económica dos concellos da mancomunidade que adoptaron cadanseu acordo de adhesión ós proxectos incluídos no programa de xestión integral de RSU e asimilables e o compromiso de achega dos fondos POMAL, concedidos a favor da Mancomunidade de Municipios da Coruña, e encomendada a súa xestión por esta en acordo do 27 de novembro de 1998, a favor do Concello de Oleiros.

Artigo 15º.-Polo que ós créditos de gasto necesarios nos orzamentos dos exercicios 2000 e 2001 do ente encomendado se refire, para a cobertura orzamentaria das contratacións de carácter plurianual que se van realizar neste exercicio, o ente encomendado procederá á debida contabilización dos compromisos de gasto e ingreso en exercicios futuros.

Artigo 16º.-Os compromisos firmes de achega económica dos concellos da mancomunidade serán obxecto da súa adecuada contabilización e imputación anual

por parte do ente encomendado, e serán esixibles, polo mesmo de acordo co seguinte calendario:

Achega dos concellos.

AnualidadeImporteCriterios de esixibilidade

1999146.550.000Desde a aprobación deste convenio acreditaranse as obrigas e ordes de pagamento a favor da E. encomendada, antes das adxudicacións

2000168.975.000Desde a aprobación deste convenio acreditaranse os compromisos de gasto a favor da E. encomendada, antes das adxudicacións

20016.975.000Desde a aprobación deste convenio acreditaranse os compromisos de gasto a favor da E. encomendada, antes das adxudicacións

Total:322.500.000

As achegas económicas dos concellos terán que ser efectivas, en todo caso antes da aprobación dos expedientes de contratación correspondentes polo ente encomendado, dada a obriga legal recollida no artigo 70.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, segundo o cal, nos contratos con financiamento por medio de achegas de distintas procedencias estas terán que ser efectivas, no sentido de acreditar no expediente a súa plena dispoñibilidade.

Entenderase, en todo caso, que a efectividade dos compromisos de achega dos concellos a favor do ente encomendado, materializarase no recoñecemento dunha obriga, documento contable ADO, e nunha orde de pagamento, documento P, con cargo ós créditos orzamentarios habilitados para tal fin.

Os concellos remitirán ó Concello de Oleiros, antes das adxudicacións previstas no artigo 12º, as cer

tificacións dos acordos de execución dos seus respectivos orzamentos, que acrediten a efectividade das obrigas de achega e das ordes de pagamento a favor do ente encomendado, correspondentes á primeira anualidade.

Polo que ás anualidades do 2000 e 2001 se refire, estas traduciranse na certificación dos correspondentes compromisos de gasto en exercicios futuros, dado o carácter plurianual das achegas, derivado da contratación plurianual que se propón no artigo 12º. Estes certificados dos acordos plenarios, fixando os compromisos de gasto nos exercicios 2000 e 2001, remitiranse ó Concello de Oleiros antes das adxudicacións.

No caso no que algún concello non realice as súas achegas nos prazos establecidos no presente convenio, será automaticamente excluído do obxecto dos contratos que se vaian celebrar, sendo estes reformulados á baixa, para posibilita-la súa contratación.

Unha vez adxudicados os contratos, o ente encomendado, requirirá os concellos para que fagan efectivas as obrigas de pagamento das súas achegas, na medida en que se vaian executando aqueles, e resulten esixibles os pagamentos polas empresas adxudicatarias.

Os requirimentos de pagamento anteditos, faranse efectivos de acordo cos vencementos dos pagamentos ás empresas adxudicatarias, e en todo caso, no prazo máximo dun mes desde a súa notificación.

Artigo 17º.-As achegas dos concellos para o exercicio 1999, esixibles polo ente encomendado de acordo co establecido no artigo anterior, serán distribuídas en transferencias correntes e transferencias de capital, e serán as seguintes:

Achegas concellos 1999:

ConcelloPoboación% Pción.Transf. Cte.Transf. Capt.Total achegas

Abegondo5.4665,45%754.569 ptas.7.229.984 ptas.7.984.553 ptas.

Arteixo17.93117,87%2.475.334 ptas.23.717.681 ptas.26.193.015 ptas.

Bergondo5.3925,37%744.353 ptas.7.132.103 ptas.7.876.456 ptas.

Betanzos11.93011,89%1.646.909 ptas.15.780.042 ptas.17.426.952 ptas.

Cambre12.33012,29%1.702.128 ptas.16.309.130 ptas.18.011.259 ptas.

Carral5.2295,21%721.852 ptas.6.916.500 ptas.7.638.351 ptas.

Culleredo14.63114,58%2.019.776 ptas.19.352.707 ptas.21.372.484 ptas.

Oleiros18.48018,42%2.551.122 ptas.24.443.854 ptas.26.994.976 ptas.

Sada8.9358,91%1.233.456 ptas.11.818.498 ptas.13.051.954 ptas.

Totais:100.324100,00%13.849.500 ptas.132.700.500 ptas.146.550.000 ptas.

Artigo 18º.-As achegas dos concellos para o exercicio do 2000, esixibles polo ente encomendado de acordo co establecido no artigo 16º, serán distri

buídas en transferencias correntes e transferencias de capital, e serán as seguintes:

Achegas concellos 2000:

ConcelloPoboación% Pción.Transf. Cte.Transf. Capt.Total achegas

Abegondo5.4665,45%380.022 ptas.8.826.323 ptas.9.206.345 ptas.

Arteixo17.93117,87%1.246.648 ptas.28.954.408 ptas.30.201.056 ptas.

ConcelloPoboación% Pción.Transf. Cte.Transf. Capt.Total achegas

Bergondo5.3925,37%374.877 ptas.8.706.830 ptas.9.081.707 ptas.

Betanzos11.93011,89%829.430 ptas.19.264.184 ptas.20.093.614 ptas.

Cambre12.33012,29%857.240 ptas.19.910.091 ptas.20.767.331 ptas.

Carral5.2295,21%363.545 ptas.8.443.623 ptas.8.807.168 ptas.

Culleredo14.63114,58%1.017.216 ptas.23.325.673 ptas.24.642.889 ptas.

Oleiros18.48018,42%1.284.817 ptas.29.840.915 ptas.31.125.733 ptas.

Sada8.9358,91%621.204 ptas.14.427.953 ptas.15.049.157 ptas.

Totais:100.324100,00%6.975.000 ptas.162.000.000 ptas.168.975.000 ptas.

Artigo 19º.-As achegas dos concellos para o exercicio do 2001 esixibles polo ente encomendado de acordo co establecido no artigo 16º, serán distri

buídas en transferencias correntes e transferencias de capital, e serán as seguintes:

Achegas concellos 2001:

ConcelloPoboación% Pción.Transf. Cte.Transf. Capt.Total achegas

Abegondo5.4665,45%380.022 ptas.380.022 ptas.

Arteixo17.93117,87%1.246.648 ptas.1.246.648 ptas.

Bergondo5.3925,37%374.877 ptas.374.877 ptas.

Betanzos11.93011,89%829.430 ptas.829.430 ptas.

Cambre12.33012,29%857.240 ptas.857.240 ptas.

Carral5.2295,21%363.545 ptas.363.545 ptas.

Culleredo14.63114,58%1.017.216 ptas.1.017.216 ptas.

Oleiros18.48018,42%1.284.817 ptas.1.284.817 ptas.

Sada8.9358,91%621.204 ptas.621.204 ptas.

Totais:100.324100,00%6.975.000 ptas.6.975.000 ptas.

Artigo 20º.-Polo que ás achegas derivadas da subvención dos fondos POMAL se refire, a previsión que se establece para o seu cobramento efectivo

polo ente encomendado, de acordo coa normativa reguladora dos fondos FEDER, é a que se recolle a continuación:

Concepto1999200020012002

Pagamentos efectivos448.500.000563.250.00023.250.000

POMAL273.560.000315.420.00013.020.000150.500.000

Concellos146.550.000168.975.0006.975.000

Diferencia Finan.-68.390.000-78.855.000-3.075.000150.500.000

NOTA: as achegas dos fondos POMAL para cada anualidade determínase segundo a seguinte fórmula:

POMAL=80% s/ (70% dos pagamentos efectivos do ano).

Artigo 21º.-Tendo en conta o cadro financeiro-resumo dos programas de gasto-ingreso incluídos no proxecto de xestión integral de RSU e asimilables, unido ó presente convenio cono anexo I, a xestión deles xerará unhas necesidades transitorias de financiamento previsibles de 68.390.000 ptas., 78.855.000 ptas. e 3.075.000 ptas. para os exercicios de 1999, 2000 e 2001, respectivamente.

Dado o carácter financeiro destas diferencias que se corresponden co 20% das achegas dos fondos

POMAL, que non se cobrarán ata a finalización e xustificación completa dos programas no ano 2002, non é posible a súa esixencia con cargo ás achegas dos concellos, e dado qe tampouco parece razoable que o ente encomendado asuma con cargo á súa tesourería estes desfases entre ingresos e gastos derivados da encomenda de xestión outorgada; esixiranse a cada un dos concellos, en virtude do presente artigo, os seguintes adiantos de tesourería, destinados a cubri-los precitados desfases financeiros na execución dos programas de gasto encomendados.

Adiantos tesourería:

Concello199920002001Devolucións

Abegondo3.726.125 ptas.4.296.294 ptas.177.344 ptas.8.199.763 ptas.

Arteixo12.223.407 ptas.14.093.826 ptas.581.769 ptas.26.899.002 ptas.

Bergondo3.675.680 ptas.4.238.130 ptas.174.943 ptas.8.088.752 ptas.

Betanzos8.132.577 ptas.9.377.020 ptas.387.067 ptas.17.896.665 ptas.

Cambre8.405.254 ptas.9.691.421 ptas.400.045 ptas.18.496.721 ptas.

Carral3.564.564 ptas.4.110.012 ptas.169.654 ptas.7.844.230 ptas.

Culleredo9.973.826 ptas.11.500.015 ptas.474.701 ptas.21.948.542 ptas.

Oleiros12.597.656 ptas.14.525.342 ptas.599.581 ptas.27.722.579 ptas.

Sada6.090.912 ptas.7.022.940 ptas.289.895 ptas.13.403.747 ptas.

Adiantos totais:68.390.000 ptas.78.855.000 ptas.3.255.000 ptas.150.500.00 ptas.

Os citados adiantos de tesourería serán transferidos por cada un dos concellos da mancomunidade de municipios, a favor da entidade encomendada, na medida en que as necesidades de tesourería para o pagamento das obrigas derivadas da execución dos contratos de cada anualidade así o determinen.

En todo caso, establécese o prazo dun mes, para efectua-los adiantos de tesourería requiridos polo ente encomendado desde a súa notificación ós concellos.

Rematados os programas e xustificado na súa totalidade ó proxecto de xestión integral de RSU e asimilables, procederase á devolución dos anticipos de tesourería realizados a favor de cada un dos concellos, tan pronto como se produza o ingreso do 20% restante da achega POMAL, prevista para o ano 2002.

Dado o carácter extraorzamentaria dos citados adiantos de tesourería, e para os efectos de acreditar a dispoñibilidade de fondos líquidos, cada concello concertará unha operación de tesourería específica para cubri-los anticipos necesarios de cada unha das anualidades, de forma que anualmente se proceda ó reembolso e renovación dela.

A entidade encomendada facilitará un modelo tipo de póliza para a formalización das citadas operacións de tesourería, que poderán utilizar aqueles concellos que o desexen.

Artigo 22º.-Os concellos beneficiarios dos subprogramas deberanlle aboar ó concello de Oleiros os custos relativos ós medios persoais e servicios empregados para a execución da encomenda de xestión. Para o efecto anualmente presentarase liquidación das cantidades aboadas ó persoal interveniente na tramitación das actuacións derivadas da xestión do programa e dos custos derivados dos medios técnicos empregados.

Capítulo IV

Da extinción da encomenda de xestión

Artigo 23º.-A encomenda de xestión, extinguirase no ano 2002, unha vez executada a totalidade do proxecto de xestión integral de residuos sólidos urbanos e asimilables.

Artigo 24º.-Constitúe tamén causa de extinción da encomenda de xestión:

a) A disolución da Mancomundiade de Municipios da Área da Coruña.

b) A insuficiencia de recursos para levar a cabo a xestión do proxecto, ben derivada do incumprimento por parte dos concellos beneficiarios dos subprogramas das achegas comprometidas, ben por non efectuarse os ingresos dos fondos FEDER.

c) A imposibilidade de afrontar por parte do Concello de Oleiros a execución dos contratos, por falta de cooperación e colaboración dos concellos beneficiarios dos subprogramas.

Entenderase que non existe a cooperación e colaboración adecuada, cando os concellos que participen non adopten os acordos necesarios para a eficaz execución dos contratos.

Artigo 25º.-A extinción da encomenda de xestión, nos supostos previstos nos artigos anteriores, serán adoptado polo Concello de Oleiros, co quórum de maioría absoluta.

No suposto previsto no artigo 24 a) o acordo de disolución da mancomundiade de municipios haberá que se ater ó establecido no artigo 14.2º dos estatutos da mancomunidade. É dicir, non poderá prexudica-los dereitos das persoas adxudicatarias dos contratos que na encomenda de xestión suscribirá o Concello de Oleiros. En tal suposto, distribuiranse as cargas entre os municipios que a integren.

Nos supostos recollidos no artigo 24 b) e c) o Concello de Oleiros, presentará estado de execución da contratación dos subprogramas que, dictaminados polo secretario e o interventor del, se elevarán á Asemblea Intermunicipal da Mancomunidade de Municipios da Coruña, co fin de que adopte o acordo procedente respecto á liquidación e se distribúan as cargas resultantes proporcionalmente entre os municipios que integran a mancomunidade e os beneficiarios da contratación.

Artigo 26º.-De conformidade o establecido no artigo 148.2º da Lei de Administración local de Galicia, a alcaldesa-presidenta do Concello de Oleiros, en

encomenda de xestión da mancomundiade de municipios, poderá dirixirse á Xunta de Galicia para a retención dos fondos do municipio debedor e o seu ingreso na conta denominada mancomunidade de municipios. Encomenda xestión POMAL, co fin de evita-la extinción da encomenda de xestión, nos supostos recollidos no artigo 24º apartado b) e c).

O que se publica para efectos do establecido no artigo 15.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Oleiros, 29 de xaneiro de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta