Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUITIRIZ

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello en Pleno, en sesión do 18 de febreiro de 1999, o proxecto de servicios exteriores de abastecemento de auga e depuración de residuais do parque empresarial de Guitiriz, en aplicación do disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o prazo o expediente poderá ser examinado polos interesados na secretaría deste concello para formularen as alegacións ou reclamacións que consideren pertinentes.

Guitiriz, 3 de marzo de 1999.

María José Vázquez Lorenzo

Alcaldesa