Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 19 de febreiro de 1999, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación de varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (10/95 e oito máis).

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítanse os expedientes de clasificación dos montes coas características que a seguir se indican:

Expediente número: 10/95.

Denominación: montes: Muria, Cruces, Confitela e Aranda.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Castelmaría.

Parroquia: Quintá.

Concello: Becerreá.

Superficie: Muria, Cruces e Confitela: 146 ha.

Aranda: 64 ha.

Total superficie: 210 ha.

Lindeiros dos montes: Muria, Cruces e Confitela.

Norte: predios particulares do Rego de Ruideiros. Leste: monte do Couso, monte Aguillón de Quintá, predios particulares de Quintá e monte Valiñas de Quintá. Sur: monte de Sevane. Oeste: monte de Donín, Cousín e Souto, e predios particulares de Castelmaría.

Descrición do perímetro.

Partindo do seu punto máis ó sudeste, chamado Portelo de Valiñas, onde se xuntan as raias dos montes Valiñas de Quintá e monte de Sevane, colle cara ó oeste, directamente polo Teso da Confitela ata Fonte de Candal. De aquí, lindando ó suroeste co monte de Cousín, colle cara ó noroeste ata Pontigos, sobre a confluencia do Valín co Ruideiros. Sobe pola marxe esquerda do Ruideiros ata a súa confluencia co Veigas. Aquí colle cara ó leste pola liña de cerramentos

dos predios particulares de Castelmaría. Esta liña, sinuosa, describe un contorno que se cerra sobre o Ruideiros, ó norte do punto no que abandonou o río. Segue cara ó norte pola mesma liña de cerramentos, ata a rodeira de Castelmaría a Couso (a máis setentrional das dúas). Sobe cara ó sueste, na liña de máxima pendente, ata Pena Avisio (859 m), e colle, na mesma dirección sudeste, polo Teso, pasando por Lamela e as Cruces. Segue polo Regueiro de Valiñas, ata os predios particulares de Quintá, onde colle polos seus cerramentos, atravesando o Souto, ata Beira do Carballal. De aquí colle directamente ó sur ata Portelo de Valiñas, punto inicial.

Lindeiros do monte: Aranda.

Norte: termo de Baleira e monte do Couso. Leste: monte do Couso e predios particulares do Rego de Ruideiros, de Castelmaría. Sur: monte da Ermida. Oeste: monte e termo de Baleira.

Descrición do perímetro.

Partindo do seu punto máis setentrional, chamado Campa do Cerredo, sobre a liña de termo con Baleira, colle cara ó sudeste, ata preto do punto chamado Ruideiros, sobre o rego do mesmo nome.

Aquí colle a dirección suroeste, seguindo a liña de cerramentos dos predios da marxe dereita do dito rego, ata o Caserío de Requeixo, onde comeza a lindar co monte da Ermida. Colle cara ó oeste ata Pena de Gasalla, e de aquí, directamente cara ó norte-noroeste, ata Chao da Aranda, sobre a liña de termo con Baleira. De aquí colle cara ó noreste pola liña de termo, ata chegar ó punto inicial, Campa do Cerredo.

Expediente número: 2/98.

Denominación: montes: Figueiro e Valmunín.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Morcelle.

Parroquia: Morcelle.

Concello: Becerreá.

Superficie: 155 ha.

Lindeiros: norte: predios particulares de Ousón e Morcelle. Leste: predios particulares de Morcelle e Cormes, e monte de Cormes. Sur: termo municipal das Nogais. Oeste: monte Lama de Figueiro de Guillén.

Descrición do perímetro.

Partindo do seu punto máis setentrional, denominado Lomba, a uns 250 m ó sur de Ousón, colle cara ó sur pola liña de cerramentos dos predios particulares do arroio ou rego do Val das Táboas ata chegar á rodeira de Morcelle a Campa da Serra. Colle por esta rodeira ata xa nas proximidades inmediatas de Morcelle (a máis suboccidental das tres que comunican ambos poboados), pola que colle na dirección sur ata chegar ó Rego do Val, polo que ascende na dirección suroeste, deixando ó leste o monte de Cormes, ata chegar ó límite de termo coas Nogais. Colle pola liña do dito límite de termo na dirección oeste ata chegar á Pena das Moscas, onde a abandona para ir ó Figueiro, na cota máxima do

monte, onde se atopa un vértice do Instituto Xeográfico.

Segue ata Campa da Serra pola rodeira, na dirección norte, e polo Teso de Valmunín, baixa na dirección norte-noroeste, ata o punto inicial, Lomba, deixando sempre ó oeste o monte de Guillén.

Expediente número: 3/98.

Denominación: montes de Vilasante.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Vilasante.

Parroquia: Vilasante.

Concello: Cervantes.

Superficie: 154 ha.

Lindeiros: norte: monte e termo de Fabal e de Pandelo. Leste: termo e monte de Vilapún. Sur: termo de Pontorrón e termo e monte de Vilar de Cucos. Oeste: monte de Lagoa das Nogais.

Descrición do perímetro.

Comezando no noroeste no límite co concello das Nogais, vai limitando co monte de Fabal de oeste-leste baixando polo Regueiro de Navallos ata atravesa-los predios particulares e chegar ó río dos Ancares, polo que sobe augas arriba tamén limitando con Fabal ata o Teso da Galandriña, polo que sobe na dirección sudeste limitando con Pandelo; nas Viñas entre o monte e termo de Vilapún na dirección norte-sur por Sobreiras ata a Grova, onde entra termo de Pontorrón na dirección leste-oeste, atravesa o río do Poste e na mesma dirección lindando con Vilar de Cucos vai por Searuco, sobe a Peniñas e pola Rodeira de Val de Ferreiros baixa a Valiñas e sobe a Navaliños da Serra, onde empeza a lindar co monte da Lagoa na dirección sur-norte, seguindo toda a mouteira de concellos ata chegar a Enriba de Regueira de Navallos, onde se comezou.

Dentro do perímetro así descrito queda comprendido todo o termo veciñal de Vilasante, cos predios particulares e o mesmo núcleo urbano.

Expediente número: 11/98.

Denominación: monte Penedo do Val de Abraira.

Comunidade propietaria: veciños dos lugares de Fonteboa e Fonlor.

Parroquia: Zanfoga.

Concello: Pedrafita do Cebreiro.

Superficie: 9 ha.

Lindeiros: norte: monte da parroquia de Vega de Forcas e máis monte dos veciños de Fonteboa. Leste: monte e propiedades particulares dos veciños de Fonteboa e Fonlor. Sur: camiño veciñal. Oeste: pista de Fonteboa a Chan Dombea e propiedades particulares dos veciños de Fonteboa e Fonlor.

Descrición do perímetro.

Comezando no punto coñecido como Baligoto de Val de Abraira situado na confluencia da pista de Fonteboa a Chan Dombea, co límite da parroquia de Vega de Forcas, segue en liña recta, cara ó noroeste, uns 225 metros. Chega ó monte de Coballón e cambia rumbo sudeste, baixando por unha valgada, e limitando cos predios particulares propiedade dos

veciños seguintes: Manuel López López, Jesús Fonteboa Vecín, Manuel López López, Pedro Fontao Cela, Amable López Aira, ata topar co camiño da Toca, que une Casa Roque coa pista de Fonteboa a Chan Dombea. Segue polo camiño e a pista anteriormente citados e conclúe no punto de partida, Baligoto de Val de Abraira.

Expediente número: 12/98.

Denominación: monte de Outeiro.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Outeiro.

Concello: Quiroga.

Superficie: 587 ha.

Lindeiros: norte: montes do lugar de Soldón da parroquia da Seara e montes consorciados de propiedade particular: La Serrada IV, La Serrada V, Mazales, La Franza e Valherboso. Leste: termo municipal de Oencia (León). Sur: monte veciñal en man común Montouto, pertencente ós veciños do lugar de Vilarmel da parroquia de Vilarmel. Oeste: montes veciñais en man común Paradapiñol e Rugando, pertencentes ós veciños dos lugares de Paradapiñol e Rugando da parroquia de Vilarmel, monte veciñal en man común Besarredonda, pertencente ós veciños do lugar de Besarredonda da parroquia de Bustelo de Fisteus e monte veciñal en man común Casa do Vello, pertencente ó lugar de Casa do Vello da parroquia de Bustelo de Fisteus.

Expediente número: 13/98.

Denominación: monte de Soldón.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Soldón.

Parroquia: A Seara.

Concello: Quiroga.

Superficie: 515 ha.

Lindeiros: norte: monte veciñal en man común do lugar da Seara da parroquia da Seara. Leste: montes consorciados de propiedade particular: Lastredo, La Era e Mazales. Sur: monte da parroquia de Outeiro e montes consorciados de propiedade particular: La Serrada IV e La Serrada V. Oeste: montes consorciados de propiedade particular: Pía Paxaro I e Valherboso.

Expediente número: 14/98.

Denominación: monte de Vilarbacú.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Vilarbacú.

Parroquia: A Seara.

Concello: Quiroga.

Superficie: 253 ha.

Lindeiros: norte: monte consorciado de propiedade particular Pía Paxaro III. Leste: montes consorciados de propiedade particular Pía Paxaro I e Valherboso. Sur: monte consorciado de propiedade particular Pía Paxaro I. Oeste: monte consorciado de propiedade particular Pía Paxaro I.

Expediente número: 16/98.

Denominación: monte Foro de Santo Tomé.

Comunidade propietaria: veciños del lugar de Santo Tomé de Cancelada.

Parroquia: Cancelada.

Concello: Cervantes.

Superficie: 97 ha.

Lindeiros: norte: monte da Estrada e predios particulares. Leste: predios particulares. Sur: monte de Queirugal. Oeste: concello das Nogais (montes de Vilavexe e de Lama da Vila).

Descrición do perímetro.

Comezando no extremo noroeste na raia co concello das Nogais, en Ruisal, vai lindando co monte da Estrada na dirección oeste-leste, baixando por Regueiro Seco, subindo a Teso da Chicha e baixando ós predios particulares na dirección a Saltón e Castros, por onde segue o termo. Polo leste, segue a poligonal dos cerramentos dos predios particulares, e polo sur sobe lindando con Queirugal por un teso, por Penachá, Marco Solleiro a Penedo Redondo, onde chega ó límite co concello de Cervantes. Polo oeste segue a mouteira de Cervantes de sur a norte primeiro lindando co monte de Lama da Vila, desde Penachá seguindo a divisoria de augas, por Corros, Fonte do Marco, onde entra monte de Vilavexe e segue por Pena de Searín ata Ruisal, onde se comezou.

Expediente número: 24/98.

Denominación: montes: Cabántigos e Güela.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Vilamaior.

Concello: Sarria.

Superficie: 264 ha.

Lindeiros: os do termo parroquial son:

Norte: termo municipal de Paradela. Leste: termos da parroquia de Nespereira. Sur: termo municipal do Incio. Oeste: termo municipal de Paradela.

Descrición do perímetro.

Os únicos límites salientables no perímetro destes montes da parroquia de Vilamaior son as mouteiras dos termos municipais de Paradela e O Incio, no xeito xa indicado nos lindeiros.

En virtude do acordado polo xurado na sesión celebrada coa data do 26 de maio de 1998 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, polo presente edicto faise pública a iniciación dos expedientes indicados co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992 para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesados poidan comparecer e intervir nos expedientes iniciados e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistirlles en relación cos montes, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 19 de febreiro de 1999.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo