Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de réxime de v.p.o. E.S.OU-38/98, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do expediente sancionador por infracción do réxime legal de v.p.o. por non ser posible a notificación a través do servivio de correos.

A interesada disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos e informacións coiden convenientes en defensa do seu interese, así como para acceder ó contido do expediente ou obter copia dos documentos que o integran.

Ourense, 8 de febreiro de 1999.

José Elier Ojea Ureña

Delegado Provincial do Instituto

Galego da Vivenda e Solo de Ourense

ANEXO

Expediente: E.S. OU-38/98.

Responsable: Rosa Quintas González.

Enderezo: Avda. de Vigo, 1ª, bloque I, planta 3ºC. Ourense.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (Art. 5.c da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 100.001 ptas.