Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación do Mercado da Pedra (Vigo).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise

público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación do Mercado da Pedra (Vigo), que abrangue os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: Asociación Comerciantes Mercado da Pedra (Vigo).

Asinan a acta de constitución: Carlos Augusto Pato Pato e outros.

Os estatutos depositados, poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 17 de febreiro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra