Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1999, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato administrativo de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, e 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado, esta secretaría acordou darlles publicidade á adxudicación do contrato administrativo que se relaciona.

Forma de adxudicación: procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, ó abeiro do disposto nos artigos 74 e 75 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Contrato administrativo de subministracións.

1. Resolución de licitación: 12 de novembro de 1998.

(DOG nº 226, do 20 de novembro).

1.1. Obxecto do contrato:

Equipamento pista de atletismo de Lugo, para uso de xuíces, carreiras de obstáculos e saltos (altura, pértega e lonxitude).

Adxudicatario: Moype Sport, S.L.

Prezo do contrato: sete millóns duascentas corenta e catro mil seiscentas sesenta e catro pesetas (7.244.664 ptas.).

Data da resolución: 23 de decembro de 1998.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte