Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1999, da Subdirección Xeral de Estrada, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o estudio de efectos ambientais da vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas). Clave: PO/98/73G16-0.

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, do 4 de febreiro de 1999, o estudio informativo da vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas). Clave: PO/98/73G16-0, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado, para o fin de que as persoas que o consideren oportuno, poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, e nos concellos afectados.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais contido no estudio informativo durante o período de quince días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de sometemento a declaración de efectos ambientais para Galicia; estando a exposición ó público para este efecto na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra e nos concellos afectados.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1999.

Gerardo Pallares Sanchez

Subdirector xeral de Estradas