Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.971

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (161/1998-S).

Nos autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co núm. 161/1998, por unha falta contra a orde pública de circular con vehículo de motor carecendo do correspondente seguro obrigatorio, dictouse a sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal que segue:

«En Santiago de Compostela o 22 de xaneiro de 1999. José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia. Vistos

os presentes autos de xuízo verbal de faltas núm. 161/1998, seguidos neste xulgado sobre conducción dun vehículo de motor carecendo de seguro obrigatorio, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, o denunciado José Dopazo García (seguen antecedentes de feito, feitos probados, fundamentos de dereito). Decido que debo absolver e absolvo libremente a José Dopazo García da falta do artigo 636 do Código Penal pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais. Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa publicación no DOG e para que sirva de notificación en forma ó denunciado José Dopazo García, actualmente en ignorado paradoiro, expido e asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaseis de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado