Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.971

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (98/1998).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cuatro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico:

Que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 98/98 se segue xuízo de faltas sobre lesións e amea

zas no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión:

Sentencia

En Santiago de Compostela o once de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 98/98, seguidos por agresión, sendo parte denunciante María José Rey Amado, maior de idade; aparecendo como parte denunciada María Esther Medina Herrera, maior de idade; o Ministerio Fiscal amosouse parte.

Decido

Que debo condenar e condeno a María Esther Medina Herrera, como autora responsable de dúas faltas de agresión e de ameazas dos artigos 617.2º e 620.2º do Código Penal, a dúas penas de multa de doce días, cada unha delas (24 días), a razón de 500 ptas./día, con arresto substitutorio dun día de privación de libertade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que se poderá cumprir en arrestos de fin de semana, así mesmo deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que se poderá interpor no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para ante Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que sirva de notificación e forma á denunciada, María Esther Medina Herrera, en paradoiro descoñecido, expido, asino e selo este edicto en Santiago de Compostela o dezaoito de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado