Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.967

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1999, dos tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG número 13, do 21 de xaneiro de 1998), sobre o anuncio da data, a hora e o lugar de celebración do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión conxunta celebrada o día 8 de marzo de 1999 os tribunais número 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997, acordaron, de conformidade co disposto nas bases II.3.3 e II.3.4 da convocatoria, convoca-los aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición, para a realización do segundo exercicio que se realizará o día 23 de marzo de 1999, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, sito en San Lázaro en Santiago de Compostela, en chamamento único, debendo estar presentes no lugar de celebración ás 16.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do documento nacional de identidade (DNI) e lapis do número 2.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1999.

Juan José Álvarez Pérez

Presidente do tribunal nº 1

Jaime García y García

Presidente do tribunal nº 2

José Antonio Álvarez Vidal

Presidente do tribunal nº 3