Convocada pola Orde do 20 de outubro de 1998 (DOG nº 226 do 20 de novembro), a provisión polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,
DISPÓN:
Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, anunciada pola Orde do 20 de outubro de 1998 (DOG nº 226, do 20 de novembro).
Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo á presente orde.
Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o pre
visto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1999.
José Mª Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO
Apelidos e nome: Rodríguez Iglesias, Modesta.
N.R.P.: 3494198513 A1146.
Grupo: D.
Nivel C.D.: 16.
Corpo ou clase: Auxiliar da Administración do Estado.
Posto de traballo: Secretaria do delegado provincial.
Dependencia: Delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
Localidade: Ourense.