Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.966

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo do sector de empresas consignatarias de buques, axencias de aduanas, estibadoras portuarias e comisionistas de tránsito da provincia da Coruña.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo do sector de empresas consignatarias de buques, axencias de aduanas, estibadoras portuarias e comisionistas de tránsito da provincia da Coruña que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-2-1999, subscrito en representación da parte económica por Proamar e Ascofer e, da parte social por UGT e CC.OO. o día 12-1-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoña-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de febreiro de 1999.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Acta do convenio colectivo provincial de axencias marítimas e aduaneiras, empresas estibadoras portuarias e comisionistas de tránsito da provincia da Coruña

Na Coruña o 12 de xaneiro de 1999, ás 16.30 horas, reúnense no local da asociación Proamar os seguintes señores:

Representación social:

Pedro García Flores, delegado sindical de UGT.

Manuel Pardo López, delegado sindical de UGT.

Bienvenido Martínez Barro, delegado sindical de CC.OO.

Representación empresarial:

Francisco Santiáñez Orero, pola asociación Proamar.

Gonzalo Antón Miranda, pola asociación Ascofer.

Antonio Puey Galván, pola asociación Proamar.

Todos elles se recoñecen con capacidade legal para negocia-lo convenio colectivo provincial de axencias marítimas e aduaneiras, empresas estibadoras portuarias e comisionistas de tránsito da provincia da Coruña.

Revisión salarial.

Acordo único.-En cumprimento do establecido no artigo 19 do convenio en vigor, apróbase a táboa salarial para o ano 1999 nos termos que veñen expresados como anexo da presente acta.

Ás 17 horas do mesmo día levántase a sesión.

E, en proba de conformidade, asinan esta acta:

Pedro García FloresFrancisco Santiáñez Orero

Manuel Pardo LópezGonzalo Antón Miranda

Bienvenido Martínez BarroAntonio Puey Galván

ANEXO I

Táboas salariais 1999

Categorías

Cómputo

mensual

Plus

convenio

Cómputo

anual

H. extra

A

H. extra

B

-Titulados
Titulado superior143.2456.5192.697.4191.9722.791
Titulado medio125.2205.6972.395.8771.7242.485

-Administrativos
Xefe de sección143.2456.5192.697.4191.9722.791
Xefe de negociado125.2205.6972.395.8771.7242.485
Asimilado a xefe de Ngdo.121.7755.5412.338.2601.6762.485
Oficial administrativo111.4415.0712.185.4081.5342.485
Auxiliar administrativo88.1674.0121.776.0841.2131.718
Menores de 18 anos72.9773.3201.521.9621.0041.421
Telefonista84.4733.8441.714.2721.1631.845

-Servicios varios
Encargado de sección97.9814.4571.939.9061.3512.497
Encargado de almacén/almaceneiro94.7454.3111.886.1041.3512.497
Oficial de 1ª94.7454.3111.886.1041.3512.497

Categorías

Cómputo

mensual

Plus

convenio

Cómputo

anual

H. extra

A

H. extra

B

Oficial de 2ª90.7244.1271.818.8321.2491.767
Manipulante90.7244.1271.818.8321.3512.497
Conductor de camión90.7244.1271.818.8321.2491.767
Conductor de turismo90.7244.1271.818.8321.2491.767
Mozo de almacén87.4253.9781.763.8661.2041.703
Peón87.4253.9781.763.8661.2041.703
Menores de 18 anos70.5053.2081.480.6289701.373

Transporte:13.570

Asistencia:12.882

Poder: 7.369

Quebranto: 7.369