Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da subministración e emisión dos recibos dos impostos municipais do Concelo de Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Informática, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 11995/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración e emisión dos recibos dos impostos municipais do Concello de Vigo.

Unidades para entregar:

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: durante o ano 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 6.500.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 1 de marzo de 1999.

Manuel Pérez Alvarez

Alcalde