Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da edición do Boletín de Información Xuvenil do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Xuventude, Patrimonio e Contratación. Nº expediente 11938/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: edición do Boletín de Información Xuvenil do Concello de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: 1 ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 6.000.000 de ptas. (36.060,73 euros).

5. Garantías: Provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo, Teléfono: 986 81 01 48 Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación. ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se exise.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación que se publicará no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 9 do prego de condicións.

Lugar de presentación: vésaxe punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo.

Data e hora: o primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 9.3 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 1 de marzo de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde