Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO-CONVOCATORIA de concurso das obras de axardinamento da praza de Mourazos-Verín.

1. Entidade adxudicadora.

A) Organismo: Concello de Verín. B) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. C) Número de expediente: 33/99.

2. Obxecto do contrato.

A) Descrición do obxecto: a realización das obras de axardinamento da praza de Mourazos-Verín.

B) Lugar de execución: Mourazos (Verín).

C) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

A) Tramitación: urxente. B) Procedemento: aberto. C) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 9.876.475 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 197.530 pesetas.

Definitiva: 395.060 pesetas, mailo 4% sobre o importe das melloras que se oferten, que se valoren e que se acepten no concurso.

6. Obtención de documentación e información.

A) Entidade: Concello de Verín. B) Domicilio: praza do Concello. C) Localidade e código postal: Verín, 32600. D) Teléfono: 41 03 34. E) Fax: 41 19 00. F) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con domingo ou festivo, prorrogase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista:

Non se esixen.

8. Presentación das proposicións:

A) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

B) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

C) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

D) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

E) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

9. Apertura das ofertas.

A) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

B) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións:

A) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

B) Aprobación expediente de contratación: Decreto da Alcaldía do 22-2-99.

C) Consulta documentación: imprenta Monterrei, Avda. de Portugal, fronte á praza do Concello. Tfno.: 988 41 02 66.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 23 de febreiro de 1999.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde