Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por poxa aberta, da subministración de plantas de temporada para o Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Parques e Xardíns, Patrominio e Contratación. Nº expediente 2005/446.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de plantas de temporada para o Concello de Vigo.

Unidades para entregar: véxase condicións técnicas.

Lotes:

Lote 1: petunias (2.000.000 de ptas.).

Lote 2: pensamentos (2.000.000 de ptas.).

Lote 3: begonias (1.000.000 de ptas.).

Lote 4: impatiens (1.000.000 de ptas.).

Lote 5: prímulas (1.000.000 de ptas.).

Lote 6: tagetes (1.000.000 de ptas.).

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: cinco días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: o que figura no punto 2 deste anuncio.

5. Garantías. Provisionais: dispensada.

Definitiva: 4% do lote que resulte adxudicatario.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes a publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate do prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: O modelo de proposición axustarase á cláusula 11.2 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 2 de marzo de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde