Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOUSAME

ANUNCIO de licitación.

Aprobado polo Pleno da Corporación Municipal o prego de cláusulas administrativas e outros extremos para adxudicación por concurso do contrato de explotación e xestión do albergue/restaurante/bar e contorno do antigo mosteiro de Toxos Outos, Lousame (A Coruña), anúnciase o concurso, facendo públicas as cláusulas esenciais.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Lousame.

Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: explotación e xestión do albergue/restaurante/bar/contorno do antigo mosteiro de Toxos Outos, Lousame (A Coruña).

3. Tramitación, procedemento e forma:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Prezo base: 5.000.000 de ptas.

5. Garantía provisional: 2% s/prezo base.

Garantía definitiva: 4% s/prezo definitivo de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

7. Presentación das ofertas: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e BOP, prevalecendo para o cómputo do prazo a publicación posterior no tempo en calquera dos dous diarios oficiais, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9 a 14 horas.

8. Documentación que hai que presentar e modelo de proposición: constan no prego de cláusulas.

9. Apertura de proposicións: o quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, agás sábados, ás 18 horas, no salón de sesións do concello.

10. Obtención de información e copia de pregos: Casa do Concello de Lousame, Portobravo, nº 1, onde se facilitarán copias completas do prego de cláusulas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Lousame, 11 de xaneiro de 1999.

José Ramón Vidal Castelo

Alcalde