Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

Para adxudicar por concurso público, vía de procedemento aberto e urxente, un contrato de consultoría e a asistencia ó Concello de Cervo para a redacción do proxecto técnico de paseo peatonal da ría de Lieiro á praia de Limosa.

Este anuncio efectúase para cumprir co artigo 326 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Cervo, praza do Concello, 27891 Cerbo (Lugo). Teléfono: 982 55 77 77. Fax: 982 55 77 29.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: consultoría e asistencia ó Concello de Cervo para a redacción do seguinte proxecto técnico a nivel básico e de execución:

Proxecto para paseo peatonal da ría de Lieiro á praia de Limosa.

b) Lugar de execución: o proxecto executarase en Lieiro, termo municipal de Cervo.

c) Prazo de entrega do proxecto: 1 mes desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente, segundo o acordo corporativo.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 6.069.614 ptas., tódolos impostos incluídos.

5. Garantías: as marcadas pola lei.

6. O anuncio de licitación completo publícase no BOP de Lugo, publicación que abre o prazo de presentación de propostas. A demais información reflíctese no prego de bases que está á disposición dos interesados, do que se poderá obter copia.

Cervo, 4 de marzo de 1999.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde