Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA VEIGA

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do proxecto de compensación e urbanización da U.E. número 1 Os Altos de Outeiro.

O Concello Pleno, en sesión do 26 de febreiro de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de compensación e de parcelación da U.E. nº 1 Os Altos de Outeiro, presentado polo propietario único Juan Bruña Rodríguez, quen presentou, en tramitación conxunta, o proxecto de urbanización correspondente, ó abeiro do disposto no artigo 137 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Os devanditos expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG, publicándose ademais nun dos xornais de maior circulación da provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento segundo establece o artigo 133.8º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, en relación do 102.

Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral na Secretaría do Concello da Veiga (Praza do Concello nº 1), para o seu exame e para formula-las alegacións que correspondan.

Transcorrido o prazo de información pública sen que se produzan alegacións, os devanditos expedientes entenderanse definitivamente aprobados.

A Veiga, 2 de marzo de 1999.

Vicente García Carrasco

Alcalde