Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARRO

ANUNCIO de corrección de erros ó Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Pleno do Concello de Barro, na sesión que tivo lugar o 8 de febreiro de 1999, acordou facer unha corrección de erros do capítulo 7.3.3 uso industrial, páxina 106 do tomo I do documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Barro, aprobado polo pleno en sesión con data do 16 de xullo de 1998, e que saíu publicado no BOP número 144, do 29 de xullo de 1998 e no DOG número 173, do 7 de setembro de 1998, de xeito que onde di:

1. Dimensións e condicións dos locais.

A) «A superficie que ocupa unha industria fíxase pola suma das superficies de tódolos locais e dos espacios destinados a esta actividade. Non se cumputará a superficie das oficinas, a zona de exposición e de venda, se estas teñen acceso independente dos locais destinados ó traballo industrial, ben directo desde o exterior ou a través dun vestíbulo de distribución.»

Debe dicir:

1. Dimensións e condicións dos locais.

A) «A superficie dunha industria computarase pola suma da superficie de tódolos espacios destinados á actividade, incluíndo as superficies das oficinas, zonas de exposición, venda e locais auxiliares.»

Con este acordo remata a vía administrativa, polo que poderá interpoñer contra el, recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que coide oportuno.

Barro, 11 de febreiro de 1999.

María Teresa Roig Olona

Alcaldesa