Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 12 de febreiro de 1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle promovido por Manuela Vicente Terceiro para fixa-las aliñacións e rasantes na rúa nº 39, A Estrada.

O que se fai público para a súa executividade; poderase contra este acordo, que esgota a vía administrativa, interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó desta publicación, sen prexuízo da interposición doutros recursos que se consideren pertinentes.

A Estrada, 18 de febreiro de 1999.

O alcalde

Rubricado