Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 15 de xaneiro de 1999 pola que se lle outorga a Cultivos Marinos Luis Escalante, S.L., permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dun criadoiro de moluscos bivalvos no lugar do Carreiro, en San Vicente do Grove (Pontevedra).

1. Antecedentes.

Vista a solicitude presentada por Cultivos Marinos Luis Escalante, S.L., con CIF B-36.276.830, domicilio social na rúa Luis Seoane, 50, O Grove (Pontevedra), para levar a cabo a explotación dun criadoiro para producción de semente de moluscos bivalvos sita no Carreiro, San Vicente do Grove (Pontevedra).

2. Consideracións legais e técnicas.

Vista a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Vista a Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

Visto o Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, (DOG nº 142, do 24-7-1997).

Considerando que o Ministerio de Medio Ambiente, con data do 11 de xaneiro de 1999, lle outorgou ó peticionario a concesión administrativa para ocupación de 44,80 m de terreos de dominio público marítimo-terrestre.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, e tendo en conta os informes que constan no expediente, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico e por proposta da delegación territorial e co visto e prace do director xeral de Recursos Mariños,

RESOLVE:

Acceder ó solicitado, outorgándolle á entidade Cultivos Marinos Luis Escalante, S.L., con CIF B-36.276.830, permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do seguinte establecemento:

Establecemento: criadoiro.

Situación: lugar do Carreiro, San Vicente do Grove. O Grove (Pontevedra).

Especie: moluscos bivalvos.

Capacidade de producción: cinco millóns de semente de ostra e tres millóns de ameixa.

Superficie de dominio público: 44,8 m para toma de auga de mar e desaugadoiros.

Superficie de dominio privado: nave de 488,0 m, cun total de superficie útil de 435,14 m, con dúas plantas. Planta baixa, zona docente (104,67 m) e zona criadoiro 250,78 m (laboratorio fitoplacton e almacenamento auga). Planta semisoto, 79,69 m (larvas e semente). Figura plano no anexo.

Concesión de dominio público: orde ministerial da Dirección General de Costas do 11 de xaneiro de 1999.

Vixencia da concesión e do permiso de actividade: outórgase por un prazo de dez (10) anos. O cómputo deste prazo iniciarase o día seguinte da data de notificación ó interesado da orde ministerial da Dirección General de Costas de data 11-1-1999.

A presente resolución outórgase baixo as seguintes condicións:

Primeira.-As obras, que poderán dar comezo no momento da publicación da presente orde, deberán rematarse nun prazo non superior ós dous anos, e axustaranse ós planos e proxecto presentados.

Segunda.-Finalizadas as obras, o titular comunicarao á Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, para os efectos de practica-la inspección destas, das que se emitirá o correspondente informe.

Terceira.-As instalacións non poderán ser modificadas sen autorización expresa desta consellería.

Cuarta.-As instalacións axustaranse ó disposto no Real decreto 1473/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura, e demais disposicións concordantes.

Quinta.-O permiso de actividade a que se refire esta orde extinguirase nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993 e no artigo 6 do Decreto 193/1997 sinalados.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderáse interpoñer recurso contencioso-administrativo na forma e prazos previstos no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1999.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura