Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre constitucións, modificacións e disolución das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Industrias e Alimen

tación, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e a orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións e disolucións que se citan,

Constitucións:

A Sociedade Agraria de Transformación Rivas Andión SAT nº 1013 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Pacios nº 6, Castro de Rei (Lugo); obxecto social: explotación de gandeiría de vacún de leite; capital social: 75.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Grueira-Teijeiro SAT nº 1014 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Santa Leocadia-Castro de Rei (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandeiría de vacún de leite; capital social: 30.000.000 de pesetas; nº de socios: 4.

A Sociedade Agraria de Transformación Os Herdeiros SAT nº 1015 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Pelures-Laro-Silleda (Pontevedra); obxecto social: explotación comunitaria de terras e gando; capital social: 18.000.000 de pesetas; nº de socios: 5.

A Sociedade Agraria de Transformación A Cruz SAT nº 1016 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Vilaxuste s/n - Portomarín (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 52.500.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Casa Menor SAT nº 1017 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo no Marco-Sendelle-Boimorto (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 42.000.000 de pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación O Poledo SAT nº 1018 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Gonselle de Abaixo-Morlán-Trazo (A Coruña); obxecto social: compra e explotación de maquinaria en común; capital social: 50.000 pesetas; nº de socios: 5.

A Sociedade Agraria de Transformación Domes SAT nº 1019 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Vilaseco-Lardeiros-O Pino (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 1.500.000 pesetas; nº de socios: 3.

Modificacións:

A Sociedade Agraria de Transformación Monte da Serra SAT nº 4.620, na asemblea xeral do 20 de novembro de 1998, acorda por unanimidade:

1º A baixa dun socio e a alta doutro socio, sen variación no capital social.

2º Elixen presidente da SAT a Waldo Neira González, quedando a xunta rectora existente con esta única variación.

3º Modifica-la responsabilidade da SAT, de ilimitada a limitada.

A Sociedade Agraria de Transformación As Regas SAT nº 924 XUGA, na Asemblea Xeral do 22 de outubro de 1998, acorda: aumenta-lo capital social en 1.980.000 ptas. en partes iguais entre os socios, pasando de 1.800.000 ptas. a un definitivo capital social de 3.780.000 ptas., en 378 resgardos de 10.000 ptas. cada un.

A Sociedade Agraria de Transformación Viñedos Troncoso SAT nº 886 XUGA, na asemblea xeral do 5 de marzo de 1998, protocolizada ante notario, acorda:

1º Nomeamento de nova xunta rectora integrada por: Anastasio Villa Troncoso, presidente; José Miguel López Troncoso, secretario; Noé Troncoso Carrera, María Alonso Troncoso e Guiomar Troncoso Carrera, vocais.

2º Aumento do capital social en 1.000.000 de ptas., pasando de 50.000.000 de ptas. a un definitivo capital social de 51.000.000 de ptas. en 51.000 resgardos de 1.000 ptas. cada un. Este aumento queda participado totalmente pola socia Guiomar Troncoso Carrera en 1.000 resgardos de 1.000 ptas. cada un.

A Sociedade Agraria de Transformación San Cidre SAT nº 784 XUGA, nas asembleas xerais do 29 e 30 de xuño de 1998, acorda por maioría:

1º Dar de alta a 40 novos socios e de baixa a 27 socios coas condicións seguintes: 25 socios aumentan o capital social en 250.000 ptas., 15 socios, substitúen nas súas participacións os familiares que causan baixa e 12 socios causan baixa con devolución das súas participacións. Resultado destas variacións, o capital social de 626.000 ptas. pasa a un definitivo capital social de 811.000 ptas. en 811 resgardos nominativos de 1.000 ptas cada un. O número de socios pasa dos 105 anteriores a 118 actuais.

2º O nomeamento de nova xunta rectora, integrada por: Carlos Seoane Espiñeira, presidente; Antonio Peteiro Paredes, secretario; Julián Ramón Rodríguez Varela, tesoureiro; José Pereira López, David Pérez Díaz, Sergio Sánchez Sánchez e Luis Ares Suárez, vocais.

A Sociedade Agraria de Transformación Viveiros Compostela SAT nº 974 XUGA, na asemblea xeral do 28 de xaneiro de 1999, acordan por unanimidade a alta dun socio e a baixa doutro socio, sen variación do capital social.

Disolución:

A Sociedade Agraria de Transformación A Ventisca SAT nº 692 XUGA, na asemblea xeral do 16

de xuño de 1998, acorda por unanimidade a disolución nomeando os socios liquidadores.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1999.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación